Benvidas ó meu curruncho. Neste espazo amoso os meus proxectos actuais así como vellas pezas que reflicten os meus intereses na arte ao longo dos anos.

a black and white logo with the words testaquente
a black and white logo with the words testaquente

Non lle cabe unha palla no cú!

2026

Instalación interactiva sobre a ledicia.

A idea detrás deste proxecto é sinxela: conectar coa ledicia espontánea e natural que dexamos sair na infancia.

Labirinto

2025 - Actualidade

Un proxecto que explora a representación da complexidade o noso redor.

Investigación sobre o labirinto como a representación máis fiel da complexidade do mundo actual. A idea parte dos postulados do xeógrafo italiano Franco Farinelli sobre o mapa e o debate sobre cómo podemos representar todo aquelo que nos rodea e non podemos ver.

Tetódromo

2022 - Actualidade

Proxecto sobre límites físicos e limitacións mentais.

O proxecto xurdiu en febreiro de 2022. Durante a pandemia, e ante as restricións de movemento que experimentamos, comecei a reflexionar sobre a idea de parede, límite ou barreira. Constantemente sentíame atrapada, atrapada na miña casa e na miña vida. O proxecto é unha resposta a esa necesidade de fuxir, de superar esa barreira.

All images copyright testaquente 2026